|
PROGRAMA ESPERTA:  Programa presentado e desenvolvido nas próximas liñas, recibe a nomenclatura colectiva, “Esperta”. Trátase dun progra ma de dinamización comunitaria composto de varios proxectos cuxo espírito está intrínsecamente vinculado a unha fin unívoca e común: activar os te cidos e redes sociais dun determinado núcleo de intervención variable, tratando de contribuír á instauración dun modelo social caracterizado pola relevancia e imperio dos individuos, revalorizando a capacidade que cada persoa posúe de alterar o curso da súa vida. Cada unha das actividades presentadas a continuación, malia a súa heteroxeneidade, posúen determinados obxectivos subxacentes, que pretenden en última instancia, facilitar ás persoas, estratexias e recursos que poidan incrementar a súa conciencia crítica, co ntribuíndo á creación dunha sociedade vinculada colectivamente á persecución de fins que incrementen a súa calidade de vida. Así facilita e posibilita que os individuos se detéñan a reflexionar e tomen parte activa na configuración da súa existencia no sentido máis amplo, recuperando un sentimento de participación comunita ria que só parece xurdir ante problemáticas moi extremas, e cuxa potencialidade aplicada a outros ámbitos, sería altamente proveitosa. Preténdese “Espertar” a conciencia e consciencia dos individuos, respecto de cada unha das características que configuran o mundo no que viven, e o sistema no que se atopan inmersos. Conseguir este feito, incrementaría a competencia global de todo ser humano para enfrontarse a aquelas problemáticas, que en moitas ocasións, silenciosamente, diezman a súa competencia, capacidade de loita, espírito de mellora, en suma, afano a convivir con todo tipo de fenómenos negativos, que puidesen ser abordados de modo autónomo en caso de dispoñerse de recursos e posibilitar a súa difusión extensiva. Unha sociedade, capaz de superar estes condicionantes, estaría dotada dunha gama de recursos eficientes, cuxa funcionalidade podería ser aproveitada íntegramente, operando nunha mellora global do seu benestar e calidade de vida e da súa capacidade integral de resolución de problemas, en tódolos contextos por él abarcado (persoal, profesional, e social). Para máis información descarga o pdf da actividade. Tamén está a vosa disposición a folla de inscripción. |